
Trump e Netanyahu monstruos que comen nenos.
Estímase que arredor de 21.000 nenos e nenas quedaron discapacitados ou con amputacións como consecuencia directa do xenocidio de Israel en Palestina.
Máis de 64.000 nenos resultaron mortos ou feridos nestes dous anos de guerra. En Gaza houbo máis de 100 mortes infantís debidas exclusivamente á desnutrición e á fame causada polo bloqueo israelí que non deixa pasar a suficiente axuda humanitaria.
En Gaza arredor de 21.000 nenos e nenas quedaron discapacitados ou con amputacións como consecuencia directa dos ataques do exército de Israel, o exército con menos moral do mundo.
En Gaza milleiros de menores están desaparecidos baixo os cascallos ou quedaron sen referentes familiares, o que dificulta a identificación exacta de todas as vítimas.
UNICEF cualificou este conflito como unha «guerra contra os nenos», sinalando que a cifra de menores mortos en Gaza en meses superou á de calquera outro conflito global en anos recentes.
Desde o inicio do conflito en outubro de 2023, o número de nenos asasinados na Franxa de Gaza superou os 20.000, segundo os datos máis recentes de organizacións como Save the Children e informes de axencias da ONU.
En Gaza 56000 nenos perderon a un ou a ambos proxenitores como consecuencia directa da agresión militar israelí.
En Gaza denunciáronse violacións e torturas, como o uso de cigarros para causar queimaduras en menores. Diversos nenos liberados de centros de detención israelís relataron sufrir torturas físicas e psicolóxicas durante a súa custodia.
A ONU acusou ao exército israelí de violar os dereitos dos nenos a unha escala «masiva» e sen precedentes.
Maltratos físicos a menores en Gaza están a ser documentados para a súa posible oficialización como crimes de guerra, aínda que non fai falta oficializar o xenocidio para condenar aos xenocidas.
Save the Children e UNICEF alertan sobre a destrución da infancia en Gaza onde máis dun neno morre cada hora.
Polo menos 180 nenas perderon a vida tras un bombardeo dos EEUU contra o centro educativo Shajareh Tayyebeh. As nenas falecidas tiñan entre 7 e 12 anos. Organismos como UNICEF e a ONU denunciaron a brutalidade do ataque.
André Abeledo Fernández





