O colapso dos tribunais médicos e a urxencia da mobilización.
A nefasta medida da Xunta de Galicia non só precariza a saúde, senón que traslada o problema de portelo, ameazando con saturar por completo os órganos de control superior. Ao forzar altas médicas prematuras na atención primaria, o Sergas provocará un efecto dominó que colapsará inevitablemente os tribunais médicos (Equipos de Valoración de Incapacidades).
Este endurecemento artificial das baixas xerará consecuencias institucionais inmediatas:
Efecto rebote nos tribunais: Os pacientes que sexan dados de alta sen estaren curados veranse obrigados a encadear novas baixas ou a reclamar activamente ante as xefaturas de inspección. Isto multiplicará exponencialmente os recursos, as impugnacións e as solicitudes de revisión que deben resolver os tribunais médicos, órganos que xa sofren un atraso endémico.
Xudicialización da saúde: Ante a negativa dos médicos de cabeceira presionados polo plus, a clase traballadora galega non terá máis alternativa que acudir á vía xudicial para defender o seu dereito a recuperarse. Os xulgados do Social encheranse de demandas contra o Sergas, alargando a agonía dos enfermos e encarecendo o custo para as arcas públicas en costas xudiciais.
Desprotección legal absoluta: Os tribunais médicos converteranse nun funil burocrático. Mentres se resolven os atrasos, miles de operarios veranse obrigados a reincorporarse aos seus postos sen plenas facultades físicas ou psíquicas, aumentando drasticamente a sinistralidade laboral nas empresas.
Chamamento á rebelión social:
Mobilización xeral.
Ante este atropelo que fusiona a sanidade pública cos métodos de control das multinacionais, la resposta non pode quedar na queixa de despacho ou no comunicado de prensa. É estritamente necesaria a convocatoria de mobilizacións masivas nas rúas de toda Galicia.
La clase traballadora, os sindicatos de clase, as plataformas en defensa da sanidade pública (como SOS Sanidade Pública) e os propios colectivos médicos deben articular unha fronte común. A saúde non se vende nin se negocia por obxectivos trimestrais. É hora de prantarlle cara ás políticas de desmantelamento de Alfonso Rueda mediante folgas, concentracións fronte aos centros de saúde e unha gran manifestación nacional que obrigue á Xunta a retirar de inmediato este plus da vergoña. A dignidade do pobo galego deféndese loitando.
André Abeledo Fernández

