Ceuta: o crime ten nomes e apelidos

Publicado:

Noticias populares

Ceuta: o crime ten nomes e apelidos

Non hai cifra oficial que valla cando o crime se comete na fronteira do esquecemento. Sabemos que en Ceuta xa son, como mínimo, un centenar os mortos. Sabemos tamén que esa cifra é mentira, porque desde Rabat nunca saíu unha verdade que non servise ao Majzén. A cifra real cóñecena as familias que agardan nos poboados do Rif e do Sahel, non os ministerios dun réxime que fai do silencio a súa primeira arma. Ninguén, absolutamente ninguén entre os que mandan, perdeu un minuto de sono por esas mortes. Esa xente, moitos deles menores, moitos mozos subsaharianos que xa intentaban entrar no Estado español fuxindo do maltrato cotián en Marrocos, foron usados como munición desbotable para provocar unha crise que non é súa, que serve a outros.

O que ocorre en Ceuta non é unha crise migratoria. É unha operación política, deseñada desde Washington e Tel Aviv, executada pola monarquía sátrapa de Mohamed VI, e xaleada por unha ultradereita europea que atopou nos corpos dos migrantes subsaharianos e na desesperación dun pobo marroquí sen reparto de riqueza nin liberdade, a munición perfecta para a súa guerra cultural contra os pobos de Europa.

Que quede claro: o pobo marroquí non é o inimigo. É, unha vez máis, a vítima usada pola súa propia monarquía. Unha ditadura onde a riqueza se concentra no Majzén e nas familias que rodean o rei, mentres millóns sobreviven sen horizonte, é unha ditadura que precisa válvulas de escape. E que mellor válvula que empuxar cara a un valado a quen xa fuxía doutra morte, a das rutas do Sahel, para que morran no valado en vez do deserto. Os migrantes subsaharianos, tratados en Marrocos peor ca animais, convértense así na mercadoría coa que Rabat negocia a súa impunidade sobre o Sáhara Occidental, a súa alianza con Israel e o seu papel de xendarme rexional ao servizo dos Estados Unidos.

E aquí hai que dicir alto e claro o que moitos calan por medo ou por cálculo: setenta mil persoas non cruzan unha fronteira se Marrocos non o permite. Iso non llo cre ninguén que teña dous dedos de fronte. Hai indicios, e non poucos, de que se permitiu o paso, de que mesmo se trasladou xente doutras cidades marroquís para que isto ocorrese, de que se aproveitou unha sentenza do Supremo e se lanzaron chamamentos polas redes sociais para precipitar a avalancha. Isto non é unha crise espontánea xestionada por mafias soltas. É unha operación orquestada, e quen diga o contrario, ou mente ou non entendeu nada.

Detrás desta operación hai un triángulo que non é casualidade: Trump, Netanyahu e Mohamed VI. Dá vergonza allea que alguén como Donald Trump, incapaz de controlar mesmo os seus propios esfínteres, pretenda ditar a orde do mundo e decidir quen vive e quen morre nun valado. Pero aí está, co seu poder real, sostendo un réxime sátrapa a cambio de sumisión xeopolítica. Netanyahu precisa distraer do xenocidio en Gaza e sumar cómplices que lexitimen o seu proxecto sionista de expansión. Mohamed VI precisa mercar impunidade para o seu trono con sangue migrante e aliñamento con Washington e Tel Aviv. Tres poderes, un mesmo desprezo pola vida dos pobos.

E en Europa, quen aplaude? A ultradereita. Abascal e Feijóo, lambecús de Washington e vendepatrias de manual, converten cada morto en Ceuta en argumento electoral contra a inmigración, nunca contra quen a provoca. Meloni, neofascista confesa, pon a Italia ao servizo do mesmo guión. A ultradereita finlandesa fai o propio no norte. Todos, lacaios unidos na tarefa de vender os pobos de Europa ao Trumpismo e ao sionismo, disfrazando de «defensa de fronteiras» o que é sumisión xeopolítica.

Pero non nos quedemos só coa ultradereita, porque sería mentir por omisión. O actual Goberno español, o do PSOE, tampouco nos está a contar a verdade. Cala o que sabe sobre a connivencia marroquí, cala o papel das redes e da sentenza do Supremo, cala porque ten medo: medo aos Estados Unidos, medo a Israel, medo a un réxime ditatorial e sátrapa como o marroquí, sostido por ambos os dous. E si, hai motivos para ese medo. Pero o medo non exime da responsabilidade de dicir a verdade. Este Goberno debería perder o medo e comezar a tratarnos como adultos, porque o pobo non é parvo.

Camaradas, non hai aquí unha crise humanitaria que xestionar con máis valados ou máis Frontex. Hai un crime con autores identificables: unha monarquía que sacrifica o seu propio pobo e os migrantes que cruzan o seu territorio; un imperialismo israelí e estadounidense que precisa Marrocos como peza do seu xadrez; unha ultradereita europea, española incluída, que atopou no racismo e na xenofobia o combustible perfecto para o seu proxecto reaccionario; e un Goberno socialista que, por medo ou por cálculo, mira para outro lado.

E fronte a todos eles, temos que deixar unha cousa clara: non nos axeonllamos. Nin ante Mohamed VI, nin ante Donald Trump, nin ante Netanyahu. Non somos un can ao que se manda sentar. Non nos vendemos. Non somos VOX, non somos o PP, non somos Abascal, nin Feijóo, nin Ayuso. E tampouco somos Felipe González nin Aznar, porque a entrega a estes intereses non ten cor única: ten memoria longa. Temos dignidade, algo que esta xente, dun extremo a outro, xamais coñeceu, e por iso xamais poderán entender a súa importancia.

A solidariedade internacionalista, a memoria do Sáhara traizoado, a denuncia sen matices do sionismo e do Trumpismo: esa é a única trincheira posible fronte a este crime. Non hai neutralidade posible ante os mortos de Ceuta.

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

Clase en sí, clase para sí, clase revolucionaria, clase en el poder

En vísperas del asalto a la Bastilla de aquel lejano 14 de julio de 1789, el periodista Louis Sebastien Mercier escribía en el “Tableau de París” que “en el cuerpo político hay una úlcera grande, profunda, purulenta, que solo puede describirse si se aparta la mirada”. A los pocos meses, la ya muy desarrollada burguesía parisina, lideró el levantamiento popular que la elevó a clase en el poder.[...]

Le puede interesar: