«Canto peor, mellor» non é unha opción para a clase traballadora Por que votarei o 29N

Publicado:

Noticias populares

«Canto peor, mellor» non é unha opción para a clase traballadora

Por que votarei o 29N

«Canto peor, mellor» non é unha opción para un pai. Non é unha opción para a clase traballadora. Por iso, o 29N votarei contra o PP-VOX: por sentido común, por responsabilidade coa xente que quero e porque formo parte desa clase traballadora, que somos maioría en todos os sentidos. Somos quen movemos as rodas da historia, pero tamén somos manipulados e manipulables, e convén non esquecelo.

Sen carné e sen ilusións.

Non son do PSOE. Tampouco da Fronte Ampla nin do próximo invento que se monten. Non son de Podemos nin estou afiliado a ningún dos partidos que van pedir o voto. Pero son clase traballadora consciente, e esa conciencia dime que non quero un Goberno do PP-VOX que goberne contra os meus intereses ata rematar de roubarnos todos os dereitos que nos quedan.

Unha obriga cos nosos.

Temos unha obriga connosco mesmos, cos nosos e coas xeracións futuras. Unha xeración que non é quen de deixar á seguinte unha sociedade mellor é unha xeración de fracasados. E non hai peor xeito de fracasar que cruzarse de brazos mentres a dereita e a ultradereita nos desmontan o pouco que conquistamos con décadas de loita.

A socialdemocracia non é a solución, pero o abismo tampouco.

Sei que a socialdemocracia non é a solución, porque non vai á raíz dos problemas. Son consciente de que o que fixeron é insuficiente, frustrante e, en ocasións, inútil. Sofro as consecuencias dunha sociedade desigual na que a macroeconomía vai como un tiro e a microeconomía da maioría vai como o cu. Pero a solución non é un suicidio colectivo, e estar ante un precipicio non significa que teñamos que saltar, como fixeron na Arxentina ou no Paraguai.

Da pobreza á miseria.

Sei o que é enfermar e pasar da pobreza á miseria, porque os traballadores estamos desprotexidos baixo unha socialdemocracia que forma parte do sistema. Precisamente por iso, sei tamén que ir de Guatemala a Guatepeor é unha decisión estúpida que traerá aínda máis sufrimento a máis xente. Aos que sempre pagan a factura: os de abaixo.

Votar non é renderse.

Votar contra o PP-VOX non é renderse nin darlle un cheque en branco a ninguén. É frear o inimigo máis inmediato para seguirmos tendo terreo onde organizarnos, sindicarnos e pelexar polo que de verdade importa: a raíz do problema. Esa pelexa non se gaña desde o desastre; gáñase desde a organización, nos centros de traballo e nos barrios.

Que ninguén nos quite o único que temos: o sentido de clase. O 29N, que cada quen actúe segundo a súa conciencia, pero sen perder de vista quen gaña e quen perde se deixamos que o precipicio se nos achegue un paso máis.

 

Até a vitoria sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

«Cuanto peor, mejor» no es una opción para la clase trabajadora Por qué votaré el 29N

«Cuanto peor, mejor» no es una opción para la clase trabajadora Por qué votaré el 29N. «Cuanto peor, mejor» no es...

Le puede interesar: