O embigo que xa non é centro: sobre o egocentrismo europeo dunha esquerda decadente

Publicado:

Noticias populares

O embigo que xa non é centro: sobre o egocentrismo europeo dunha esquerda decadente

Camaradas:

Hai que dicilo sen medo, aínda que doia: existe un egocentrismo occidental que tamén aniña na esquerda, un complexo segundo o cal seguimos crendo que somos o embigo do mundo, o centro desde o que se mide toda revolución posible. E é un erro de fondo.

O que fomos.

Ninguén pode negar que Europa foi berce e xermolo de procesos históricos decisivos: a loita pola emancipación obreira, o socialismo, o comunismo e o anarquismo. De aquí saíron Karl Marx e Friedrich Engels, Vladimir Ilich Lenin e Rosa Luxemburgo; de aquí xurdiu a Revolución Rusa e o movemento obreiro organizado que, durante décadas, fixo tremer a burguesía. É unha herdanza real, non unha lenda que inventásemos.

O que somos hoxe.

Pero a herdanza non é un cheque en branco eterno. Hoxe non somos o centro. Somos unha sociedade envellecida, en retroceso, en franca involución social. Perdemos dereitos sen apenas resistencia organizada e, mentres tanto, abrimos de par en par as portas á ultradereita e ao fascismo, que avanzan xusto polo oco que deixa a nosa pasividade. Non somos hoxe a gran esperanza da humanidade e, porén, actuamos coma se o fósemos.

O complexo que nos cega.

Este espellismo ten un nome: un absurdo complexo de superioridade, completamente antirrevolucionario na súa esencia, porque se sostén máis no desexo e na saudade do que fomos que na análise honesta da decadente realidade que vivimos.

Un revolucionario non se mira no espello do pasado para consolarse; mira a realidade presente para transformala. Mentres sigamos crendo que a vangarda do mundo se decide en Bruxelas, en París ou en Berlín, seguiremos cegos ante procesos de dignidade, soberanía e loita popular que hoxe latexan con máis forza noutros continentes.

Conclusión.

A tarefa non é lamentar o que fomos, senón asumir con humildade o que somos: unha esquerda que precisa reconstruírse desde a autocrítica, non desde a nostalxia imperial disfrazada de orgullo revolucionario. Só así poderemos volver merecer ser parte de algo grande.

 

Até a vitoria sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

El ombligo que ya no es centro: sobre el egocentrismo europeo de una izquierda decadente

El ombligo que ya no es centro: sobre el egocentrismo europeo de una izquierda decadente Camaradas: Hay que decirlo sin miedo,...

Le puede interesar: