As cunetas que España se nega a baleirar

Publicado:

Noticias populares

As cunetas que España se nega a baleirar.

Case seis mil. Esa é a cifra de fosas comúns e irregularidades documentadas da Guerra Civil e a ditadura franquista repartidas por todo o territorio do Estado español. Entre 114.000 e 130.000 persoas desaparecidas de forma forzada seguen sen nome, sen cadaleito, sen lousa, baixo cunetas, pozos mineiros e simas onde o fascismo as botou como quen bota lixo. É case imposíbel camiñar máis de cincuenta quilómetros por este país sen pisar, sen sabelo, a terra que cobre a un fusilado. Iso non é unha metáfora poética: é xeografía criminal.

En vinte e cinco anos exhumáronse unhas 17.000 vítimas. Quedan, como mínimo, 12.000 corpos por recuperar. Pico Reja, no cemiterio de San Fernando, en Sevilla, converteuse nunha das maiores fosas da represión de toda Europa. E mentres tanto, no Val de Cuelgamuros —o antigo Val dos Caídos—, concentráronse os restos de máis de 500 fosas de ambos os bandos, mesturados sen consentimento das familias, coma último acto de espolio dun réxime que ata na morte quixo seguir mandando sobre os corpos do pobo.

Detrás de cada número hai un testemuño coma o de Lucía Alcaide Quiroz, que recollín en *Fragmentos de rebelión*. Unha muller que con dezanove anos viu como a Garda Mora entraba na súa aldea para degolar, violar e sementar o terror, mentres mandos do exército e xefes falanxistas contemplaban a matanza coma quen goza dun espectáculo taurino, e o propio cura da aldea, que días antes daba a comuñón aos que logo serían asasinados, sorría diante do crime. Non o conto para escandalizar: cóntoo porque esquecelo é a primeira vitoria que lle regalamos ao franquismo cada día que pasa.

Porque non houbo guerra, houbo golpe de Estado. Un golpe covarde de militares traidores contra un goberno lexítimo, saído das urnas, referendado pola vontade do pobo. E ese golpe, camaradas, non o gañou Franco: gañárono Hitler e Mussolini, que ademais o desprezaban. O propio Hitler chegou a dicir que sen o primeiro avión Junker que lle enviou, Franco nunca tería sobrevivido, e riase de que o ditador atribuíse a súa vitoria á intervención divina cando en realidade foi a aviación alemá a que decidiu a contenda dende o ceo. Mussolini foi aínda máis directo: para el, Franco era simplemente un idiota. Nin sequera os seus padriños fascistas o respectaban. Era un instrumento, un boneco do nacionalcatolicismo máis rancio, útil para machacar a clase traballadora española e nada máis.

Sendo concelleiro en Narón defendin no Pleno do Concello unha moción para lembrar e homenaxear ás vítimas das bestas fascista tamén pasou. Temos documentados 93 asasinados: mariñeiros fieis á República fusilados e enterrados no Val —corenta e oito do acoirazado España e do vapor Domine—, dezasete máis do Mar Cantábrico fusilados en San Mateo. Veciños paseados nas cunetas, apaleados ata a morte, mortos en prisión. E como anécdota que resume o nacionalcatolicismo ata a náusea: o 26 de decembro, para celebrar o Nadal, fusilaron a máis de vinte mariñeiros do España. Esa é a moral de quen dicía loitar por Deus e por España.

Noventa anos despois, o fascismo non morreu: disfrazouse. Aquí nunca foi derrotado coma en Alemaña ou Italia, morreu na cama, con honras de Estado, e os seus herdeiros seguen tendo fundación propia, cadeira no Congreso e bendición mediática. Mentres a Fundación Francisco Franco exalta impunemente ao xenocida, perségüese a quen saca unha bandeira republicana. Esas son as prioridades reais deste réxime do 78.

Por iso fai falta memoria, xustiza e reparación. Por iso fai falta abrir todas as fosas que quedan pechadas, e por iso, camaradas, fai falta seguir reclamando a III República. Non coma nostalxia, senón coma proxecto de futuro para un pobo que aínda non enterrou os seus mortos coma merecen.

Honor e gloria aos nosos mártires. Até a vitoria sempre.

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

SIONISMO, FRANQUISMO Y EL MONSTRUO DE TRES CABEZAS: EL PPVOX AL SERVICIO DEL AMO

SIONISMO, FRANQUISMO Y EL MONSTRUO DE TRES CABEZAS: EL PPVOX AL SERVICIO DEL AMO Camaradas Hay que decirlo sin anestesia y...

Le puede interesar: