A internacional da mediocridade
Trump, Netanyahu, Milei, Espriella, Noboa, Abascal, Feijóo, Ayuso, Meloni, Bolsonaro, Fujimori. A ultradereita trumpista montou un circo que nin a mismísima pandilla lixo se tería atrevido a montar. E o máis grave non é o circo en si, senón que millóns de persoas aplauden dende as bancadas.
O trumpismo construíu un relato tan burdo como eficaz: a xustiza social é terrorismo, o público é cousa de comunistas e os demócratas, xunto coa prensa, son «de extrema esquerda». Calquera persoa con dous dedos de fronte sabe que, ademais de ser mentira, é unha auténtica parvada. É a reflexión dun fascista ignorante dirixida a un público que prefire non pensar.
Donald Trump, Javier Milei, Isabel Díaz Ayuso, Santiago Abascal, Alberto Núñez Feijóo e un longo exército de políticos de terceira división son a demostración máis palpable da involución da especie humana. Cada día goberna-nos xente máis mediocre e con menos talento e, aínda así, conseguen votos, portadas e poder real.
O problema non é só que Donald Trump sexa un parvo megalómano e senil á fronte da potencia militar máis poderosa e agresiva que a humanidade coñeceu. O problema maior é que se rodeou dun goberno de parvos aínda máis mediocres ca el, sostido por votantes que demostran unha ignorancia e un fanatismo tan perigosos como embrutecedores.
Donald Trump e Benjamín Netanyahu convertéronse, xunto cos seus países, nalgúns dos dirixentes e gobernos máis odiados do planeta. Estados Unidos e Israel, por méritos propios, representan un eixe de poder que ameaza a humanidade cun desastre global.
E, con todo, curiosamente, mentres os propios cidadáns de Estados Unidos se erguen contra as políticas de Trump e o seu goberno de fanáticos ultradereitistas, a ultradereita europea e americana segue axeonllada perante o amo Trump. Na Gran Mazá celebrouse unha das manifestacións máis multitudinarias das 3.200 que se organizaron en todo o país, convocadas polo movemento «No Kings» contra Donald Trump e as súas políticas.
Ese contraste dío todo: mentres o pobo estadounidense comeza a espertar, os seus vasalos europeos seguen de xeonllos. A mediocridade non ten fronteiras, pero a dignidade dos pobos, cando esperta, tampouco.
Até a vitoria sempre!
André Abeledo Fernández

