O municipalismo como trincheira de clase

Publicado:

Noticias populares

O municipalismo como trincheira de clase

Por André Abeledo Fernández

Fálase moito de municipalismo dende os despachos, pero demasiado pouco dende a realidade cotiá de quen vive e traballa nos nosos pobos. O meu paso polo pleno municipal de Narón deixoume unha convicción que sigo mantendo intacta: un concello non vai cambiar por si só o sistema, pero si pode mellorar ou empeorar a vida da xente. Precisamente por iso non podemos deixar a política municipal en mans de quen a entende unicamente como unha carreira profesional ou como un chanzo dentro da estrutura dun partido.

O municipalismo cobra sentido cando pon as institucións ao servizo da maioría social.

Así o entendemos cando en 2016 defendemos no pleno a declaración de Narón como «cidade libre de desafiuzamentos», recuperando unha iniciativa cidadá impulsada pola Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra e STOP Desafiuzamentos que levaba meses esquecida nun caixón. A vivenda non pode seguir tratándose como unha mercancía mentres milleiros de familias teñen dificultades para acceder a un fogar digno. Por iso defendemos tamén a creación dun parque público de vivenda en alugueiro e a utilización do patrimonio da Sareb para garantir ese dereito.

A mesma lóxica debe aplicarse aos servizos públicos. Propuxemos reducir de seis a tres meses o tempo de empadroamento necesario para acceder a determinadas axudas municipais, porque a pobreza non entende de trámites administrativos. Fronte a quen sempre sospeita de quen máis necesita apoio, nós cremos que a Administración debe facilitar o acceso aos dereitos e non convertelos nunha carreira de obstáculos.

Esa defensa do público inclúe tamén a accesibilidade, para que calquera persoa, independentemente da súa mobilidade, poida desprazarse con autonomía polo seu municipio; a xestión pública da auga e do saneamento, porque un dereito básico non pode converterse nun negocio; e a contratación pública con criterios sociais, esixindo que as empresas adxudicatarias respecten os dereitos laborais dos seus cadros de persoal.

Por esa mesma razón defendín publicamente as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e reclamei que a concesión do servizo recaese nunha empresa que garantise condicións laborais dignas. Os coidados non poden sosterse sobre a precariedade. Cando se degradan as condicións de quen coida das nosas persoas maiores e dependentes, tamén se deteriora a calidade da atención que reciben.

O pleno municipal tamén debe servir para dar voz aos conflitos laborais. Así ocorreu cando apoiamos os traballadores de Electrorayma-Tecman en Navantia na súa reivindicación dunha subrogación en condicións de igualdade e dignidade. Un concelleiro non substitúe a loita sindical, pero pode poñer a institución ao servizo de quen a protagoniza.

Esa foi sempre a miña maneira de entender o municipalismo: como unha ferramenta útil para defender dereitos concretos, non como un espazo para a propaganda. Porque os concellos non transforman por si sós a sociedade, pero si poden converterse nunha trincheira dende a que protexer a clase traballadora, fortalecer os servizos públicos e demostrar que outra forma de facer política, máis próxima, máis honesta e máis comprometida coa cidadanía, é posible.

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

El municipalismo como trinchera de clase

El municipalismo como trinchera de clase Por André Abeledo Fernández Se habla mucho de municipalismo desde los despachos, pero demasiado poco...

Le puede interesar: