Brasil parou a ultradereita: agora tócanos a nós

Publicado:

Noticias populares

Brasil parou a ultradereita: agora tócanos a nós

O pobo brasileiro falou

Brasil saíu en masa a votar para frear a ultradereita, e freouna. Lula e o Partido dos Traballadores volveron gañar as eleccións fronte a Flávio Bolsonaro, o candidato do clan bolsonarista, con máis de catro millóns de votos de diferenza: 64,2 millóns fronte a 59,8. E non foi un paseo: Lula rematou a primeira volta por detrás. A remontada é histórica e ten un nome: mobilización. Millóns de persoas saíron ás rúas, a abstención baixou e unha sociedade que non quería un lacai da ultradereita internacional no Palacio de Planalto fixo o que había que facer.

As plataformas non votan, pero xogan

Hai un dato que non debe pasar desapercibido. Empregados de Meta recoñeceron en mensaxes internas, reveladas por Folha de S.Paulo, que as contas de Lula en Instagram sufriron restricións, mentres a plataforma recomendaba o perfil de Flávio Bolsonaro e a súa canle de WhatsApp. Meta atribúeo a erros técnicos; o Tribunal Superior Electoral tivo que ordenarlle que non limitase o alcance dos contidos políticos de ningún dos dous candidatos. Erros técnicos que, curiosamente, sempre caen do mesmo lado. Pero cando o pobo se organiza e se mobiliza, as inxerencias, os bulos e as mentiras non serven de nada.

A primeira gran derrota do exército dos vendepatrias

É a primeira gran derrota en América Latina dese exército de servís, lacaios e vendidos que se aliña con Trump: os Milei, os Noboa, os Bukele e, aquí, os Feijóo, os Abascal e as Ayuso, xunto cunha longa lista de representantes desa corrente por todo o mundo. Bolsonaro é o mesmo ca Feijóo e Abascal, o mesmo ca Ayuso ou Milei: recortes de dereitos, involución social, moito medo e sementa de odio e mentiras.

Poden rexeitar a comparación todo o que queiran, pero todas sabemos que forman parte do mesmo proxecto. Non en van, foi Ayuso quen condecorou a Milei coa Medalla Internacional da Comunidade de Madrid. Antes recibírona Guaidó e Noboa: a lista de Ayuso fala por si soa.

E Trump, aliado de Bolsonaro pai, castigou Brasil con aranceis e sancións tras a condena deste e celebrou como unha «gran vitoria» o resultado de Bolsonaro fillo na primeira volta. Pretenden gañar co apoio dos donos das redes sociais e dos grandes medios, así como co respaldo de Washington e Tel Aviv. O de Brasil demostra que, cando o pobo esperta, a súa derrota está asegurada.

Aquí tamén podemos

Se Brasil puido frear a ultradereita, nós tamén podemos facelo. Necesitamos unha gran mobilización e saír votar en masa, porque somos máis, somos maioría en todos os sentidos e non podemos permitir que cheguen ao Goberno aqueles que pretenden liquidar os nosos dereitos, o noso presente e o futuro dos nosos fillos.

Brasil marcou o camiño: organización, rúa e urnas.

 

Até a vitoria, sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

En desarrollo en Beijing pleno del XX Comité Central del PCCh

La cita, que se extenderá hasta el día 29, examina cuestiones relacionadas con el fortalecimiento de la disciplina interna, la lucha contra la corrupción y la mejora de los mecanismos de supervisión y construcción del Partido

Le puede interesar: