Rueda practica o terrorismo contra a clase traballadora galega.

Publicado:

Noticias populares

Rueda practica o terrorismo contra a clase traballadora galega.

Por André Abeledo Fernández

A xestión do Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia, hoxe capitaneada por Alfonso Rueda, cruzou todas as liñas vermellas admisibles nunha sociedade democrática. Non estamos ante un simple problema de mala xestión orzamentaria ou de incompetencia administrativa; estamos ante unha estratexia perfectamente planificada que só se pode definir dunha maneira: a Xunta de Galicia practica o terrorismo contra a clase traballadora.

O terrorismo non se exerce unicamente con armas. Exércese tamén desde as institucións cando se lexisla e se goberna activamente en contra da vida, a saúde e a dignidade das maiorías sociais. Desmantelar a sanidade pública, privatizar servizos esenciais e precarizar a vida de quen sostén o país co seu esforzo diario é unha forma de violencia institucional e de clase brutal.

O último e máis macabro exemplo desta política criminal é a perversión absoluta do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O goberno de Alfonso Rueda converteu o dereito á saúde nun negocio de cifras e balances económicos. É intolerable e éticamente repugnante que se utilicen os chamados complementos de produtividade para presionar e mercar vontades médicas. A Xunta paga aos profesionais sanitarios incentivos económicos vinculados á redución do gasto farmacéutico e ao recorte das incapacidades temporais.

Traducido á realidade da rúa, isto significa que o PP premia con pluses salariais aos médicos que dan altas médicas prematuras ou que denegan baixas a persoas enfermas. Imponse criterios estritamente económicos por riba dos criterios de saúde. Obrígase aos facultativos a actuar como contables da patronal en lugar de como garantes da vida dos seus pacientes.

Con esta medida, a Xunta de Rueda Alíñase coas mutuas privadas nunha cacería desapiadada contra o traballador. Criminalízase sistematicamente a enfermidade. O mensaxe do PP é claro: se es da clase obreira, non tes dereito a poñerte enfermo; a túa única función é producir ata reventar, e se a túa saúde creba, es un sospeitoso de fraude para a administración.

Obrigar a unha persoa a acudir ao seu posto de traballo sen estar recuperada, baixo a ameaza da perda de ingresos ou o despedimento, é atentar directamente contra a súa integridade física.

Isto custa vidas. Isto cronifica enfermidades. Isto destrúe familias traballadoras mentres os amigos de Rueda na sanidade privada frotan as mans e enchen os seus bollsillos.

A saúde dun pobo non pode depender xamais do superávit dun goberno insensible nin dos obxectivos de aforro duns xestores sen escrúpulos. Os traballadores e traballadoras de Galiza non podemos seguir tolerando esta chantaxe. Fronte ao seu terrorismo de clase e a mercantilización das nosas vidas, a única saída digna é a mobilización masiva nas rúas e nos centros de traballo. Hai que defender a sanidade pública e esixir a eliminación inmediata destes pluses da vergoña.

Vainos a vida neste asunto.

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

Rusia revela el alcance del próximo Foro Internacional de Seguridad

El evento se celebrará del 26 al 29 de mayo en la provincia de Moscú bajo los auspicios del Consejo de Seguridad ruso y contará con la participación de más de 140 delegaciones de más de un centenar de países.

Le puede interesar: