A vergonza non é devolver a nacionalidade aos saharauís, é terlla arrebatado

Publicado:

Noticias populares

A vergonza non é devolver a nacionalidade aos saharauís, é terlla arrebatado.

Que agora se fale de dar a nacionalidade española aos saharauís non é o problema. O problema, a auténtica vergonza histórica, é que lla quitasen despois de teren traizoado, vendido e entregado a todo un pobo á ditadura da monarquía satélite e sátrapa de Marrocos. Un pobo que era español, con documentación española, e ao que o Estado abandonou á súa sorte para non incomodar os seus amos.

A Marcha Verde foi unha operación imperialista con selo made in USA.

Non houbo casualidade nin improvisación en 1975. Detrás da Marcha Verde estivo o respaldo directo dos Estados Unidos, da CIA e do inefable Henry Kissinger, un dos personaxes máis sinistros e sanguinarios da historia contemporánea, arquitecto na sombra de golpes de Estado, magnicidios, invasións e do terrorismo de Estado yankee despregado por medio mundo. Marrocos foi a peza que Washington necesitaba para asegurarse un enclave dócil fronte ao Atlántico, e España, baixo o franquismo agonizante, entregou o territorio e a súa xente coma quen entrega unha mercadoría.

Os saharauís nunca deberon perder a súa nacionalidade.

Cando o Sáhara Occidental foi ocupado ilegalmente por Marrocos, os seus habitantes eran cidadáns españois de pleno dereito. Segundo a legalidade internacional, o Sáhara Occidental segue a ser un territorio pendente de descolonización, e España conserva sobre el unha responsabilidade que non se pode lavar con comunicados diplomáticos: a de garantir un referendo de autodeterminación con todas as garantías, algo que a ditadura alauí nunca vai permitir porque sabe perfectamente cal sería o resultado.

Reparar non é xenerosidade, é xustiza

Que durante todos estes anos os saharauís non tivesen garantida a nacionalidade que lles correspondía por dereito non é un xesto humanitario pendente de conceder; é unha débeda histórica que o Estado español arrastra por covardía e complicidade co colonialismo marroquí. Non falamos de caridade, falamos de reparación.

O pobo saharauí resiste desde hai case cincuenta anos nos campamentos de Tindouf, no exilio e baixo ocupación, mentres as potencias que o traizoaron seguen a facer negocios cos seus verdugos.

A solidariedade co Sáhara Occidental non é unha cuestión de nostalxia colonial, é unha cuestión de clase e de dignidade dos pobos fronte ao imperialismo.

 

Free Western Sahara.

 

Até a vitoria sempre ✊

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

La vergüenza no es devolver la nacionalidad a los saharauis, es habérsela arrebatado

La vergüenza no es devolver la nacionalidad a los saharauis, es habérsela arrebatado. Que ahora se hable de dar la...

Le puede interesar: