Pintadas de odio na Cruz Vermella de Ferrol. Pódese caer máis baixo e ser máis miserable?

Publicado:

Noticias populares

Pintadas de odio na Cruz Vermella de Ferrol. Pódese caer máis baixo e ser máis miserable?.

Un edificio marcado, un país que se racha.

Ferrol amenceu con pintadas racistas, pintadas de odio, no edificio da Cruz Vermella. E cabe preguntarse: ata onde estamos chegando con estes discursos de odio que están sendo inoculados pola dereita e pola ultradereita, que van da man?.

Foi o propio Abascal quen o dixo: van da man en satanizar a migración, os migrantes, chamándoos invasores, coma se viñesen armados. E o que non contan, o que omiten, é que veñen fuxindo. Uns fuxen de guerras, fuxen das armas. Outros fuxen da fame. Outros fuxen da miseria. E outros fuxen da ditadura, porque, por moito que Feijóo e Abascal repitan que Marrocos non está en ningunha lista, Marrocos é unha ditadura. Ten un rei sátrapa, hai represión e a xente vive na miseria. Por iso os marroquís queren fuxir de Marrocos; por iso están dispostos a deixalo todo, a xogarse a vida e a deixar atrás a súa familia para buscar un futuro mellor. O mesmo fan os subsaharianos.

Cruz Vermella non é o inimigo.

E Cruz Vermella, coma outras ONG, está formada por persoas que se dedican a axudar. A axudar a esta xente, a estes migrantes, pero tamén a axudar, cando hai unha catástrofe no Estado español, a quen máis o precisa. Atacar a súa sede non é un exabrupto illado: é a consecuencia directa de anos sementando estupidez, ignorancia e falta de empatía.

O caldo de cultivo ten nome e apelidos.

Cando ese caldo de cultivo podre conta con políticos que, dende as institucións, sementan odio, acabamos colleitando barbaridades coma esta. Ameazas, insultos e toda clase de estupideces pintadas nun edificio que non é un edificio calquera: é o da Cruz Vermella.

Ata onde poden chegar a ultradereita, a dereita e a estupidez humana? Sen dúbida, ata onde nós llo permitamos.

A liberdade de expresión non é unha coartada.

O racismo non é respectable. O fascismo non é respectable. E a liberdade de expresión non é sementar odio, bulos e mentiras. Iso non é liberdade de expresión: iso é atacar as minorías, é mentir, é agredir a sociedade.

Non todo vale agochándose detrás dunha suposta liberdade de expresión que, en realidade, é a liberdade para atacar mentindo, para inxuriar, para degradar, para enfrontar e para poñer a diana na xente máis desfavorecida e máis desprotexida. Iso non é liberdade de expresión: iso é covardía, iso é ser un miserable, iso é ser un mentireiro.

Iso non debería estar permitido, e quen o fai debería estar no cárcere.

 

Até a vitoria sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

A xustiza que non é igual para todos

A xustiza que non é igual para todos. A xudicatura debería existir para impartir xustiza e para que a lei...

Le puede interesar: