Sindicatos de clase para defender á clase traballadora.

Publicado:

Noticias populares

Sindicatos de clase para defender á clase traballadora.

 

Vivimos tempos difíciles para a clase traballadora. Décadas de precariedade, reformas laborais, privatizacións e ataques constantes contra os dereitos conquistados con anos de loita debilitaron a capacidade de resistencia dos traballadores e traballadoras.

 

Mentres a patronal aumenta beneficios, millóns de persoas seguen encadeando contratos lixo, salarios insuficientes e xornadas esgotadoras.

 

E ante esta situación, resulta máis necesario ca nunca recuperar un verdadeiro modelo sindical de clase.

Porque un sindicato non pode converterse nunha xestoría, nin nun simple intermediario domesticado polo poder económico. Un sindicato debe ser unha ferramenta de combate ao servizo dos traballadores, independente da patronal e dos intereses de quen vive de explotar o traballo alleo.

 

A historia do movemento obreiro demostra que ningún dereito foi regalado. A xornada de oito horas, as vacacións pagadas, os convenios colectivos, a sanidade pública ou as pensións non naceron da boa vontade de empresarios e gobernos. Foron froito de folgas, mobilizacións e organización colectiva. Foron conquistas arrincadas mediante loita sindical e conciencia de clase.

 

Con todo, durante anos intentouse desideoloxizar o sindicalismo, convertelo en algo burocrático, desmovilizado e afastado dos centros de traballo. Fomentouse o individualismo para destruír a solidariedade obreira. Quixeron convencernos de que cada traballador debe salvarse só mentres as grandes empresas se organizan perfectamente para defender os seus intereses.

 

E aí está o verdadeiro problema: a patronal si ten conciencia de clase. Os grandes empresarios únense para defender beneficios, reducir salarios e aumentar a explotación laboral. Utilizan medios de comunicación, lobbies e poder político para impoñer un modelo económico inxusto onde uns poucos acumulan riqueza mentres a maioría apenas chega a fin de mes.

 

Fronte a iso, a resposta non pode ser o conformismo nin o sindicalismo dócil. Cómpre recuperar sindicatos combativos, asamblearios e profundamente vinculados aos problemas reais da clase traballadora.

 

Sindicatos que estean na rúa, nas fábricas, nos hospitais, no comercio, na hostalaría e en cada centro de traballo defendendo a quen sostén a sociedade co seu esforzo diario.

 

Porque mentres algúns falan de modernidade, a realidade é que moitos mozos traballan por salarios miserables, non poden emanciparse e viven nunha precariedade permanente.

 

As empresas baten récords de beneficios mentres aumentan os contratos temporais, as externalizacións e a presión laboral. E cando alguén protesta, chegan as ameazas, a represión sindical ou os despedimentos.

 

Por iso é imprescindible recuperar a conciencia de clase. Entender que os problemas da maioría social non son individuais, senón colectivos. Que a solución non virá de quen se enriquece con este sistema inxusto, senón da organización popular e obreira.

 

Necesitamos un sindicalismo que volva falar claro, que denuncie sen medo os abusos da patronal e que defenda un modelo de sociedade baseado na xustiza social, a igualdade e a dignidade laboral. Un sindicalismo que non se axoenlle ante o poder económico nin acepte como inevitables a precariedade e a explotación.

 

Porque cando a clase traballadora se organiza, a historia cambia.

 

E hoxe, máis ca nunca, cómpre volver a organizarse.

 

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

Entre la CIA y el narcoterrorismo: la política de Marco Rubio para Latinoamérica

Después del fracaso de la invasión de Bahía de Cochinos en 1961, los organizadores no se resignaron y sus mentores de la CIA tampoco. Los 1.500 gusanos entrenados y equipados por la central, regresaron a Miami, pero ya no como mercenarios sino como una banda criminal protegida.

Le puede interesar: