Donald Trump: A covardía do imperio e a dignidade que non se compra

Publicado:

Noticias populares

Donald Trump: A covardía do imperio e a dignidade que non se compra

Camaradas, hai noticias que non precisan nin un chisco de esaxeración para retratar a quen goberna o imperio. Abonda con contar os feitos tal e como sucederon.

O pasado 8 de xullo, ao rematar a cimeira da OTAN en Ankara, Donald Trump subiu diante das cámaras ao Air Force One. Sorriu, saudou, fixo o paripé de sempre. Minutos despois, axentes do Servizo Secreto sacárono polo lado oposto do avión, agochado nun camión de catering, e trasladárono en segredo a outra aeronave. No avión oficial quedaron parte do seu propio equipo e os xornalistas do pool, convertidos sen sabelo en carnaza humana ante unha posible represalia de Irán. Aos reporteiros nin sequera se lles explicou por que debían baixar as fiestras. Simplemente foron utilizados.

Ningún presidente, nin sequera nos momentos máis duros da Guerra Fría ou en plena guerra de Afganistán, converteu a prensa en escudo humano deste xeito. Dío Jake Tapper, que cubriu Casas Brancas de todo signo, e dío coa incredulidade de quen o ten visto todo. Pero é que con Trump o listón da vergonza sempre atopa un chanzo máis baixo. É a lóxica do covarde que goberna o imperio máis armado da historia e que, aínda así, treme perante a sombra dunha represalia, disposto a sacrificar a quen faga falta con tal de salvar o propio pelello.

Ese mesmo covarde foi quen, o 3 de xaneiro deste ano, ordenou o secuestro de Nicolás Maduro. Comandos estadounidenses entraron de madrugada na súa residencia, sacárono a rastro cando intentaba refuxiarse, e trasladárono esposado e vendado ata un cárcere federal de Brooklyn xunto á primeira dama, Cilia Flores. Nin unha orde xudicial venezolana, nin un xuízo no seu propio país, nin o máis mínimo respecto pola soberanía dunha nación. Só a forza bruta do imperio, disfrazada de operación antidroga, para secuestrar un presidente lexítimo e presentalo perante un tribunal que non é o seu.

E velaquí a lección que a Revolución Bolivariana nos deu dúas veces nun cuarto de século. En 2002 secuestraron a Chávez e esixíronlle que renunciase. Non asinou. Prefería morrer antes que traizoar o seu pobo, e o seu pobo baixou á rúa, rodeou Miraflores e foi buscalo. En 2026 secuestran a Maduro, humíllano, exhíbeno, e el responde exactamente igual có seu comandante: sen pedir clemencia, sostendo que é inocente, que foi vítima dun acto de guerra, e que segue a ser o presidente lexítimo de Venezuela.

Esa dignidade, camaradas, non se compra nin se improvisa. Fórxase na convicción de que hai causas que valen máis cá propia comodidade. E por iso mesmo Trump, Milei, Abascal, Feijóo, Ayuso ou Netanyahu xamais a coñecerán: porque nunca arriscaron nada por ninguén que non fosen eles mesmos. Gobernan de xeonllos perante os seus propios intereses e só saben usar a prensa, os pobos ou un avión enteiro coma escudos desbotables.

A historia, non obstante, non a escriben os covardes que se agochan nun camión de catering. Escríbena os pobos que, coma en 2002, baixan á rúa a rescatar os seus.

Até a vitoria sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

Las líderes de Italia y Dinamarca (extrema derecha y socialdemócratas) unidas contra la inmigración

No hay diferencias. Cuando se quitan las máscaras aparecen tal como son.

Le puede interesar: