Mercadona e a represión sindical: o prezo invisible do «modelo de éxito»

Publicado:

Noticias populares

Mercadona e a represión sindical: o prezo invisible do «modelo de éxito.

Por André Abeledo Fernández (Militante comunista e sindicalista galego).

Mercadona ocupa portadas constantes polas súas cifras récord de facturación e un suposto modelo idílico de relacións laborais. Repítennos ata a saciedade que é unha empresa modélica, o orgullo do capitalismo patrio. Pero la realidade que se vive dentro das súas tendas e bloques loxísticos dista moito dos publirreportaxes pagados. Detrás dos uniformes pulcros e da aparente paz social agóndese unha das maquinarias de control e represión sindical máis sutiles e eficaces do noso país.

O chamado «Modelo de Calidade Total» de Juan Roig non é máis ca un sistema de control social absoluto. 

En Mercadona, a disidencia laboral págase cara. A estratexia da dirección pasa por impor un sindicalismo de concertación dócil e domesticado, cómodo para os intereses da empresa. As siglas sindicais maioritarias operan a miúdo como meras extensións da dirección de recursos humanos, validando convenios colectivos que perpetúan a precariedade e a máxima flexibilidade horaria a costa da conciliación dos cadros de persoal.

A verdadeira represión comeza cando as traballadoras e traballadores deciden organizarse de maneira independente e combativa. Quen dan o paso de crear seccións sindicais que cuestionan as ordes, esixen o cumprimento estricto da prevención de riscos ou denuncian as altas médicas forzadas, entran de inmediato na lista negra. A persecución laboral non se fai esperar: cambios arbitrarios de horarios, illamento, sancións disciplinarias preventivas e campañas de desprestixio entre os propios compañeiros destinadas a sementar o medo.

O peso dos tribunais: a realidade xudicial fronte ao relato oficial

Lonxe de seren acusacións infundadas, os abusos da multinacional están quedando acreditados de forma sistemática nos xulgados. As resolucións contra a mercantil por esmagar os dereitos fundamentais do seu persoal acumúlanse cunha contundencia demoledora:

Castigo económico á afiliación: Un xulgado do Social de Ourense volveu condenar á empresa tras demostrarse que retirou de forma arbitraria e discriminatoria a prima de beneficios de 5.000 euros a unha traballadora afiliada á Confederación Intersindical Galega (CIG). O fallo obriga a abonar dita contía máis outros 30.000 euros de indemnización por vulnerar os seus dereitos fundamentais. Esta práctica mafiosa de usar o plus por obxectivos para golpear o peto dos representantes sindicais e de quen sofren unha incapacidade ou redución de xornada foi declarada ilegal por máis de dez sentenzas impulsadas por sindicatos como ELA.

Vulneración sistemática da liberdade sindical: O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou unha dura condena que impón 22.503 euros de sanción por danos morais a Mercadona tras declarar a nulidade radical de tres condutas antisindicais directas contra a representación dos traballadores.

Despedimentos como represalia: O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León revogou un fallo de primeira instancia para declarar nulo o despedimento dunha empregada en baixa por ansiedade. O alto tribunal sentenciou que o despedimento foi unha represalia directa e ilegal tras as reclamacións xudiciais da traballadora en materia de prevención de riscos laborais, vulnerando de cheo a súa garantía de indemnidade.

O despedimento disciplinario e a asfixia económica son as armas definitivas da empresa para descabezar calquera intento de resistencia colectiva.

Fabrícanse acusacións de baixo rendemento ou faltas graves inexistentes para xustificar a expulsión de delegados incómodos. A mensaxe enviada ao resto do persoal é nítida: organizarse á marxe das canles oficiais da empresa significa o despedimento inmediato. Imponse así a lei do silencio a través do terror psicolóxico e a ameaza económica.

Non podemos seguir tolerando que os beneficios milmillonarios dunha grande multinacional se levanten sobre a aniquilación dos dereitos fundamentais da clase traballadora. A liberdade sindical non é un privilexio negociable, é un dereito conquistado con sangue e suor que debe respectarse tamén dentro dos supermercados de Mercadona. É hora de romper o medo, solidarizarnos cos represaliados e construír un sindicalismo de clase, de base e combativo que poña freo ao absolutismo da patronal.

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

Mercadona: o abismo entre o márketing de Roig e a realidade da clase traballadora.

Mercadona: o abismo entre o márketing de Roig e a realidade da clase traballadora.  Por André Abeledo Fernández (Militante comunista, sindicalista...

Le puede interesar: