Aquela vez en que a URSS salvou ao mundo (e o que a burguesía nunca che vai contar)

Publicado:

Noticias populares

Aquela vez en que a URSS salvou ao mundo (e o que a burguesía nunca che vai contar)

Camaradas, hai unha inxustiza que se repite cada vez que se fala da Unión Soviética: xúlganse as súas decisións fóra do tempo e do lugar en que foron tomadas. Descontextualízase a propósito, porque descontextualizar é máis doado que explicar, e moito máis rendible politicamente. Un país que nace da nada, rodeado de potencias imperialistas dispostas a estrangulalo dende o primeiro minuto, non constrúe o socialismo nun xardín de flores. Constrúeo entre o cerco, a guerra e a fame herdada do zarismo. Sacar de ese contexto cada medida, cada erro, cada exceso, para presentalos coma a esencia do proxecto soviético, non é historia: é propaganda con toga de académico.

E aquí está o problema de fondo. Á dereita non lle faltan mamporreiros dispostos a repetir o catecismo anticomunista de sempre. Pero tampouco á «esquerda» lle faltan historiadores paniaguados, dispostos a prostituír a memoria da clase obreira con tal de gañaren un sitio na mesa dos que reparten prestixio académico. A nosa crítica, camaradas, se a facemos, ten que ser unha crítica de clase. Non a crítica burguesa que conta os horrores e cala os avances, que denuncia sen contextualizar, que compara a URSS co paraíso e nunca co capitalismo que a rodeaba.

Porque mentres se nos vende ese relato interesado, ocúltasenos que a URSS foi a que trouxo a sanidade universal, o dereito á vivenda, a educación pública, un Estado laico, a igualdade salarial entre homes e mulleres, e unha Constitución que recoñecía algo que hoxe segue a ser un tabú para as potencias occidentais: o dereito á autodeterminación dos pobos. Eses non son detalles menores. Son as conquistas que despois o capitalismo, coa boca chea de anticomunismo, tivo que copiar a medias para que a súa propia clase obreira non mirase demasiado cara ao Leste.

O día en que a URSS derrotou ao maior asasino da historia.

Hai un nome que case ninguén coñece e ao que, porén, probablemente lle debas a vida: Viktor Zhdanov. Foi el quen se presentou diante da Asemblea da Organización Mundial da Saúde coa proposta máis ambiciosa que se plantexara a humanidade no século, só comparable á viaxe á Lúa: erradicar para sempre a varíola, ese virus que mataba entre o 20% e o 60% dos nenos que infectaba e deixaba cegos a un terzo dos que sobrevivían. Nalgúns lugares do planeta nin sequera se lle poñía nome aos recentemente nados até que superaban a enfermidade, coma quen agarda a ver se a vida decide deixarte quedar.

Ninguén na OMS cría que fose posible. Nunca se erradicara unha enfermidade. Pero a URSS non agardou permiso: preparou máis de mil médicos e fabricou 25 millóns de doses de vacina, con Cuba sumando outros 2 millóns, disposta a levar adiante o plan en solitario se facía falta. Finalmente a OMS aprobou o plan Zhdanov, por só dous votos de diferenza, e quince anos despois a varíola fora derrotada. Millóns de nenos que hoxe camiñan polo mundo, aínda que non o saiban, camiñan grazas a aquela decisión soviética.

Dez razóns para non deixar que che rouben a memoria.

1. Acabou coa fame.A colectivización da terra converteu á URSS no primeiro Estado da historia en erradicar a fame, algo que nin sequera os EEUU, hoxe, conseguiron ou quixeron conseguir.

2. Derrotou ao nazismo. O 70% do exército de Hitler caeu na fronte oriental. 24 millóns de soviéticos morreron para acabar co fascismo, e con todo Hollywood construíu un relato onde o mérito é case exclusivamente estadounidense.

3. Erradicou a varíola cunha campaña que tratou 15 millóns de casos en 31 países, salvando incontables vidas no antigo mundo colonizado.

4. Creou a primeira seguridade social da historia coa Constitución de 1936: xornadas de sete horas, xubilacións anticipadas para traballos duros, baixas por maternidade de case 20 meses, baixa por enfermidade ao 100% do soldo e un mes de vacacións pagadas. Setenta anos despois, segue a parecer ciencia ficción para o capitalismo.

5. Universalizou a sanidade, elevando a esperanza de vida de menos de 40 anos en 1917 a niveis occidentais nos anos 80, e con ela a propia estatura media da poboación, que medrou vinte centímetros en poucas décadas.

6. Universalizou a educación, coas maiores taxas de alfabetización do seu tempo, comedores escolares gratuítos e gardarías gratuítas, facilitando a conciliación familiar moito antes de que o capitalismo se dignase a falar dela.

7. Protagonizou o maior crecemento económico da historia, convertendo unha Rusia feudal en superpotencia. Nin sequera Churchill, o seu inimigo declarado, puido negalo: dixo de Stalin que «colleu unha Rusia con arados e deixouna equipada coa bomba atómica».

8. Gañou a carreira espacial nos seus fitos fundacionais: primeiro satélite (Sputnik), primeiro ser vivo en órbita (a cadela Laika), primeiro home (Gagarin) e primeira muller (Tereshkova) no espazo, aínda que o relato oficial decidise que a carreira só a gañou quen chegou primeiro á Lúa.

9. Democratizou a cultura, sendo o país onde máis libros e xornais se vendían, e onde a clase obreira enchía óperas e teatros que no capitalismo seguen reservados ás elites.

10. Conquistou a igualdade entre homes e mulleres** en soldo, emprego e acceso a cargos públicos, décadas antes de que Occidente comezase a plantexarse o problema.

O que perdemos cando caeu.

Despois de décadas de capitalismo sen contrapesos, millóns de traballadores no mundo están comprobando en carne propia que aquelas advertencias non eran propaganda soviética, senón unha descrición bastante exacta do que ocorre cando se converten os dereitos en mercadorías e as persoas en beneficio. Mesmo Putin, cuxo proxecto non ten nada de socialista, recoñeceuno ao dicir que quen non añora a Unión Soviética non ten corazón. Como comunistas discrepamos da segunda parte: nós non añoramos por nostalxia, añoramos porque temos memoria histórica e conciencia de clase, e sabemos exactamente o que o mundo perdeu.

Porque a sanidade pública, os dereitos laborais, as pensións, a negociación colectiva, o propio Estado do benestar, non se entenden sen a presión que exercía a existencia dunha alternativa real. A desaparición da URSS non debilitou só un país: debilitou a clase traballadora internacional enteira, e aí seguen, trinta anos despois, desmantelando peza a peza cada unha daquelas concesións que o capitalismo se viu obrigado a facer.

A URSS non foi perfecta. Ningún proceso histórico o é. Pero foi, probablemente, o maior salto adiante que protagonizou a clase traballadora en toda a historia contemporánea. Demostrou que se podía alfabetizar a pobos enteiros, universalizar a sanidade, garantir o emprego, derrotar ao fascismo, conquistar o espazo, erradicar enfermidades e poñer a dignidade humana por riba do beneficio privado.

Esa é tamén a historia da URSS. E quen pretende borrala non busca comprender o pasado: busca impedir que as novas xeracións se atrevan a imaxinar un futuro distinto. Porque os pobos poden ser derrotados, poden ser enganados, mesmo poden ser traizoados. Pero mentres exista explotación, seguirá existindo a posibilidade de construír unha alternativa. E a esperanza, por moitas derrotas que acumule, sempre acaba atopando o camiño de volta.

Até a vitoria sempre!

 

André Abeledo Fernández

DEJA UN COMENTARIO (si eres fascista, oportunista, revisionista, liberal, maleducado, trol o extraterrestre, no pierdas tiempo; tu mensaje no se publicará)

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Últimas noticias

El sistema ruso de protección activa alcanza su plena madurez en el campo de batalla

Rusia ha neutralizado todas las armas occidentales ‘milagrosas‘ durante la Guerra de Ucrania, dijo hace poco el antiguo comandante en jefe del ejército ucraniano, Valery Zaluzhny. “Para este año Ucrania ya ha desplegado todo tipo de armamento, con la posible excepción de los misiles Tomahawk, las armas nucleares, los portaaviones y los F-35, y ha implementado todas las doctrinas operativas altamente complejas de la OTAN”.

Le puede interesar: